Máximo
Francisco Musi García naceu no lugar do Centeal, na parroquia de
Santo Estevo de Soesto (Laxe), o 23 de xaneiro de 1890. Era o maior
dos catro fillos (Esteban, Francisco e Wenceslao) que tivo o
matrimonio formado por Gregorio Modesto Musi e Teresa García,
naturais tamén de Soesto. Seu pai, coma moitos dos seus familiares,
era canteiro, e a orixe do seu apelido haina que buscar en Pedro
Musi, bisavó de Máximo, que chegou a estas terras procedente da
cidade francesa de Lyon (nas partidas de bautismo dos seus fillos
especifícase como nativo da parroquia de Santa María de
Loire/Loare/Luar –variantes que escribiron os párrocos segundo o
seu entender-). Este Pedro casou en Soesto con Francisca de Lema, e
tiveron cinco fillos, unha deles era Manuela Musi, solteira e
xornaleira, e avoa do noso protagonista.
Máximo
emigrou á Arxentina cando tiña 17 anos, a bo seguro para evitar
cumprir co servizo militar. Polo menos outros dous irmáns seus,
Esteban e Francisco, tamén emigraron a Buenos Aires, igual que algún
que outro curmán. Unha vez na capital arxentina, Máximo desempeñou
diversos e variados oficios con moitas luces e tamén con moitas
sombras. Foi sete anos despois de chegar, o 6 de marzo de 1914, cando
decide introducirse no mundo da pasta e funda a “Casa Musi”,
especializada na fabricación de tallaríns, ravioli e outras pastas.
Abre un local no número 1173 da rúa 15 de Noviembre, e aí vaise
iniciar o despegue deste home no mundo dos negocios. En oito anos
abre outros cinco locais en diversos puntos da capital porteña:
Córdoba 1600, Salta 377, Sarmiento 1649, Independencia 1745 e a que
será a sede central, en Charcas 1289. Podemos atopar publicidade da
fábrica de pastas do veciño de Soesto en case todas as publicacións
que os nosos emigrantes tiñan na cidade arxentina, pois axiña se
fixo un oco na elite de moitas das asociacións que alí se crearon.
No entanto, Máximo casara cunha súa veciña de Soesto, Asunción
Rial, e deste matrimonio habían nacer tres fillos: Delfina, Máximo
e Asunción.
O 15 de agosto de 1920 fundárase a “Asociación Instructiva y Mutua del Partido Judicial de Negreira”, e non sabemos por que razón Máximo Musi vai figurar, polo menos desde 1923, nos seus cadros directivos. E non só iso, senón que en pouco tempo, xunto coa súa familia, vai manexar esta asociación. Neste ano de 1923 e no seguinte, Máximo figura como integrante da Comisión Fiscal da sociedade, mentres que os seus irmáns Esteban e Francisco son vogais da directiva (o segundo como suplente); ademais Máximo era o presidente da Comisión de Festas. Nesta época, a asociación nicrariense era membro da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), pero a mediados de 1924 bótase fóra e intégrase na Casa de Galicia (sociedade de carácter mutual que podemos considerar de segunda orde, detrás das máis importantes Asociación Española de Socorros Mutuos e o Centro Galego de Buenos Aires, e en rivalidade co Hogar Gallego). Desta asociación era directivo Máximo Musi: en xaneiro de 1925 é elixido tesoureiro. Con todo, a sociedade de Negreira no mes de febreiro volve ao seo da FSG, aínda que o laxense seguía no cadro directivo da Casa de Galicia e mesmo figura como un dos seus primeiros socios protectores.
O 15 de agosto de 1920 fundárase a “Asociación Instructiva y Mutua del Partido Judicial de Negreira”, e non sabemos por que razón Máximo Musi vai figurar, polo menos desde 1923, nos seus cadros directivos. E non só iso, senón que en pouco tempo, xunto coa súa familia, vai manexar esta asociación. Neste ano de 1923 e no seguinte, Máximo figura como integrante da Comisión Fiscal da sociedade, mentres que os seus irmáns Esteban e Francisco son vogais da directiva (o segundo como suplente); ademais Máximo era o presidente da Comisión de Festas. Nesta época, a asociación nicrariense era membro da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), pero a mediados de 1924 bótase fóra e intégrase na Casa de Galicia (sociedade de carácter mutual que podemos considerar de segunda orde, detrás das máis importantes Asociación Española de Socorros Mutuos e o Centro Galego de Buenos Aires, e en rivalidade co Hogar Gallego). Desta asociación era directivo Máximo Musi: en xaneiro de 1925 é elixido tesoureiro. Con todo, a sociedade de Negreira no mes de febreiro volve ao seo da FSG, aínda que o laxense seguía no cadro directivo da Casa de Galicia e mesmo figura como un dos seus primeiros socios protectores.
O 19 de febreiro de 1925 é
elixido presidente da asociación do Partido de Negreira, cos seus
irmáns como vogais da directiva. Unha das súas primeiras medidas
foi a creación de delegacións da entidade en Galicia. Nomean
cadanseu delegado nos concellos que compoñen o partido xudicial de
Negreira (Ames, A Baña, Brión, Negreira e Santa Comba), pero tamén
no concello de Laxe!! Así mesmo, no mes de xullo, presentan un
proxecto para financiar unha fonte pública na vila mariñeira, o que
provoca os primeiros indicios de guerra interna nunha asociación que
contaba con tan só 84 socios. A cooperación coa vila laxense
estendeuse á axuda que lle prestaban á escola que tiña o Pósito
de Pescadores, o que mereceu unha carta de agradecemento da súa
xunta de goberno a Máximo Musi.
Na asemblea do 16 de febreiro de
1926 Máximo Musi renova o seu cargo de presidente, e o seu irmán
Esteban ascende a tesoureiro, mentres que Francisco segue de vogal.
Créase a Comisión de Damas, na que a súa muller Asunción Rial vai
figurar como presidenta, as súas cuñadas Concepción e Carmen son
vicepresidenta e tesoureira, respectivamente, e a súa filla Delfina
é vicesecretaria. Completábase así unha especie de clan na
sociedade barcalesa, que tiña outros laxenses copando os altos
cargos directivos. Coa renovación da directiva nacen novos
proxectos, case todos eles para o concello de Laxe, entre os que
podemos salientar a creación dunha granxa-escola e dunha sala de
primeiros auxilios. Dentro da asociación os de Negreira chaman a
organizarse sen os de Laxe, pero os Musi seguían mandando e
organizan festivais a beneficio da construción dunha escola en Laxe.
Nesta época, o propio Musi mantén unha viva polémica coa directiva
da FSG, que se vai prolongar durante moito tempo.
O
16 de maio de 1927 celébrase unha nova asemblea para elixir
directiva, e por normativa Máximo ten que abandonar a presidencia,
que queda agora en mans do seu veciño Rosendo Rodríguez, mentres el
é vicepresidente e os seus irmáns manteñen os seus postos. Pero a
sorpresa vén cando deciden modificar o nome da entidade e pasar a
denominarse agora “Sociedad Agraria, Instructiva y Mutua del
Ayuntamiento de Lage y sus contornos”. Con todo, os de Negreira non
se botarán atrás e esixirán o mantemento do nome, o que vai
provocar a formación de dúas entidades. No mes de outubro, as
páxinas d’El Heraldo Gallego
publicaban o nome dos 120 socios que tiña a nova entidade laxense,
que se instalara nos salóns do Hogar Gallego, toda vez que a FSG
instaba na prensa a que todas as sociedades federadas expulsasen como
socio a Máximo Musi. Seguen a facer festas para recadar fondos con
destino á súa terra natal, e na do 14 de agosto, para conmemorar as
festas patronais de Laxe, o invitado de honra foi Ramón Suárez
Picallo.
O primeiro local de "Casa Musi" na rúa 15 de Noviembre (Céltiga, 1927) |
Na nova xunta directiva elixida
en xuño de 1929, Máximo segue de presidente e Esteban de
vicetesoureiro, mentres que Francisco desaparece dos postos de mando.
Entre os novos proxectos que presentan como era de adoito ao se
formar unha nova directiva, destaca o da aprobación da construción
dun hospital en Laxe que levará o nome de República Argentina. En
decembro de 1927 creárase a “Nueva Casa de Galicia” e será a
mediados de 1929 cando Máximo Musi entre na súa directiva como
vicepresidente, cargo no que estará polo menos tres anos.
É nesta época cando renova un
dos seus locais comerciais, coa apertura da nova sede en Charcas
1279, moi preto de onde estaba anteriormente. A mediados de 1931 a
familia Musi decide facer unha longa visita á súa terra natal, e
así Asunción e os tres fillos partirán no mes de maio, mentres que
Máximo o vai facer o 21 de xullo no transatlántico Duilio. Todos
eles foron homenaxeados antes de partir, e así, a presidenta
honoraria da sociedade de Laxe foi agasallada cunha cea-baile no novo
local de “Casa Musi”, mentres que o vicepresidente da Nueva Casa
de Galicia e presidente da asociación laxense foi convidado a un
banquete polos seus compañeiros de ambas as dúas entidades. A
familia non regresaría a Buenos Aires ata finais de ano.
A
partir de aquí parece que se apartou da vida social o noso
fabricante de pasta, e non o atoparemos máis en ningunha directiva
das distintas sociedades. Tan só en 1935 o vemos nun preito contra a
xa denominada Casa de Galicia, por mor duns préstamos que lle fixera
cando el era directivo. Aínda así, o seu labor benéfico non quedou
no esquecemento, pois, moitos anos despois, os emigrantes laxenses en
Buenos Aires enviaron unha placa para colocar no recentemente
construído porto de Laxe, e nos seus discursos as autoridades locais
tiveron palabras de eloxio para os emigrantes, “con mención
especial para Máximo Musi, que reside en Buenos Aires, y no repara
en medios para cuanto puede ser beneficioso para su tierra” (Hoja
del Lunes, 10-8-1953).
Bibliografía:
- Anónimo (1927): “Comerciantes gallegos. Máximo Musi”, Céltiga nº 67, Buenos Aires, 10 de outubro, pp. 30-33.
- Libro de Bautizados. Parroquias de Santo Estevo de Soesto e San Amedio de Sarces; Libros 5, 6 e 7.
- Prensa da emigración en Buenos Aires: Acción Gallega, Alborada, Céltiga, Correo de Galicia, El Despertar Gallego, El Heraldo Gallego, Hogar Gallego, Revista de la Nueva Casa de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario