No herbal azur do ceo

No herbal azur do ceo
Foto: Roberto Mouzo

21 de abril de 2019

Para unha historia da ABC de Corcubión (V): as Escolas Agra Regueiro de Baio

Aínda que a ABC de Corcubión non foi a entidade que financiou a construción das Escolas Agra Regueiro de Baio, si que tivo moito que ver na orixe do proxecto. Como vimos no artigo precedente, a entidade bonaerense determinou a finais da década de 1920 a construción de cadansúa escola nos concellos que compoñen o partido xudicial corcubionés, pero que por culpa da Guerra Civil española só o puido facer en catro deles. A escola do concello de Zas, a sexta segundo a orde do sorteo, non foi adiante, e o lugar escollido para facela, que era Baio, non tivo o ansiado edificio. Mais non foi porque os emigrantes baieses na Arxentina -comandados polo canteiro e escritor Pepe Collazo- non teimasen en levala adiante, e tanto teimaron que vinte anos despois lograron os seus propósitos. Imos analizar agora máis polo miúdo a orixe das Escolas Agra Regueiro, desde a modesta idea inicial á inauguración do edificio que aínda hoxe coroa a vila de Baio.

Quen era Agra Regueiro?

Para comezar, hai que saber quen era o protagonista ao que se lle dedicou este edificio. Pois ben, Xosé Agra Regueiro foi mestre de Baio durante 25 anos, entre 1887 e 1912. Segundo conta Francisco Romero Lema [1970: 21], era natural de Melide e casou con Aurora Blanco Romero, matrimonio do que naceron tres fillos: José, Marcial e Alfredo. Foi moi sentida a súa morte, pois faleceu repentinamente a tarde do 20 de febreiro de 1912, un martes de antroido. O seu labor docente deixou fonda pegada en varias xeracións que durante medio século pasaron polas súas aulas. Pero Agra Regueiro non se conformou con impartir clases, senón que loitou polo melloramento da educación na vila que o acolleu, e así xa en febreiro de 1889 realiza unha solicitude para a creación dunha escola de nenas en Baio, “ó que se opón a corporación municipal enviando un informe ó Gobernador civil ‘sobre los perjuicios y el mal efecto que producirían en el vecindario la creación de la escuela de niñas, interesada por el maestro de Bayo’” [cfr. Domínguez/Lema]. En 1891 volve insistir no tema e “unha comisión municipal formada polos maiores contribuíntes do concello emite un novo informe opoñéndose á creación da escola de nenas”. Pero Agra segue teimando e, co cambio de alcalde, consegue que a corporación delegue na “Junta Municipal de Instrucción la facultad de delegar la construcción de la escuela de niñas de Bayo a particulares”. Parece que tanto esforzo tivo recompensa, porque en 1895 xa se fala nas actas municipais da procura “dun local provisional para a escola de nenas de Baio ‘por tener que realizar obras en su casa el propietario de la casa escuela de niñas’”. Con todo, volve haber problemas en 1906 polo feito de que “el Ayuntamiento no ampliase el plazo de arriendo de la actual casa-escuela de niñas”, o que provoca as queixas dos veciños baieses que “requieren al alcalde que se busque otro [local] sin dilaciones, toda vez existen propietarios dispuestos a arrendarlos” (La Voz de Galicia, 7·7·1906, p.1).
Pepe Collazo, poeta e canteiro
baiés emigrado na Arxentina,
foi o principal impulsor da
homenaxe a Agra Regueiro
e da construción das escolas
Por estas e outras razóns, os baieses colleronlle un gran cariño a este mestre, e moito máis os emigrantes, que viron o necesario dunha boa educación cando se tiveron que enfrontar cun novo país, cunha nova sociedade, moito máis avanzada que a galega naquel momento. De aí o feito de que nacesen tantas sociedades de emigrantes que tiñan por obxectivo a construción de escolas nos seus lugares de orixe. E os baieses emigrados non esqueceron o que Xosé Agra fixo por eles, e quixeron remedialo dalgún xeito. Con tal motivo formaron un Comité de Homenaxe a comezos de 1930.
A primeira noticia deste Comité atopámola na revista Alborada (nº 55, Buenos Aires, maio de 1930), na que, baixo o titular "Comité de Homenaje al maestro Agra Regueiro", se dá a seguinte noticia:

Por iniciativa de don José Collazo Martínez se constituyó el comité más arriba expresado, cuya finalidad consistirá en recaudar fondos con el objeto de eregirle un busto al maestro de Bayo, don José Agra.

No número seguinte da revista (nº 56, xuño 1930) xa se dan máis datos sobre o "Comité Homenaje a Don José Agra Regueiro":

El día 13 de abril de 1930 quedaron constituidas las autoridades que regirán esta institución, en la siguiente forma: Presidente: Manuel Veloso; vicepresidente: Baltasar Martínez; secretario: José Collazo Martínez; prosecretario: José Reimúndez; tesorero: Manuel García; protesorero: José Fachal; contador: Manuel Pardo Gómez; subcontador: Daniel Rojo; comisión revisadora de cuentas: José Romar Lema y José Martínez Torrado; vocales: Agustín Martínez, Manuel Pereyra Esmorís, Manuel Lema, Jesús Espasandín y Perfecto Fuentes

Co recorrente título de "Comité Homenaje a D. José Agra Regueiro", Collazo publica un artigo (Alborada nº 57, agosto-setembro 1930) no que entre outras cousas di:

Es admirable el fervoroso entusiasmo de los residentes de Bayo en Buenos Aires, por honrar al que ha sido su maestro, don José Agra Regueiro. Es ya un hecho indiscutible que, dentro de un breve plazo, será erguido, en el pueblo de Bayo, un magnífico monumento labrado en granito, con su artística placa de bronce, a la memoria del eminente maestro.
La comisión directiva de dicho comité, así como todos sus asociados, en general, están preparando grandes fiestas a beneficio del proyecto en cuestión, que se realizarán en el próximo mes de noviembre. (…)
Nuestro representante en Bayo, (que es, a la vez, corresponsal de ALBORADA), don Modesto Veloso, nos comunica que el pueblo de Bayo está todo contentísimo al enterarse de la obra tan loable que se está realizando, y viene a la memoria de todos el recuerdo de aquel espíritu eminente que sacrificó su existencia en beneficio de todos cuantos hemos tenido la suerte de llegar hasta él, para lo cual están todos dispuestos a colaborar con nosotros, a medida de su esfuerzo, como premio a la labor sin igual de tan abnegado maestro.

En decembro (Alborada n.º 59) dáse unha lista dos socios baieses que xa cotizaron en beneficio do Comité de Homenaxe:

José Collazo Martínez, Manuel García Gómez, Francisco Rial Rego, Manuel Pereyra Esmorís, Ramón Pereyra Esmorís, Eliseo Collazo Rojo, José María Martínez Torrado, Agustín Martínez Torrado, Manuel Veloso Pardo, Manuel Pardo Gómez, Jesús Espasandín Pose, Andrés Varela Muñiz, Baltasar Martínez Torrado, Manuel Valiña Fernández, José Fachal, Ramón Santos Rial, Perfecto Fuentes Gómez, José Romar Lema, Modesto Bermúdez López, Daniel Rojo, Manuel Lema García, José Reymúndez Tasende, Ramón A. Martínez, Ramón Astray Vidal, Octavio García, Alfredo Pereyra Esmorís, Manuel Cardezo, Manuel Bermúdez Espasandín, José Añón, Ramón Pardo Gómez, Manuel Romero Carballo, Santiago Fachal, Evaristo Valiña, Andrés García Rojo, José Allo Abella, Ramón Mato, Manuel Trillo Rojo, Manuel Espasandín Pose.

Ata mediados de 1931 (Alborada nº 66) non sabemos máis do Comité. Agora infórmase que conta coa suma de 500 pesos arxentinos no Banco Español del Río de la Plata. Por Modesto Veloso sabemos que “ha sido designado el lugar destinado a levantarse en él, el monumento a la memoria de don José Agra Regueiro. Dicho lugar, es el situado en la parte Sur de la casa que habitaba el señor Agra, denominado ‘O Campo da Taberna’, distante del puente de Bayo aproximadamente 150 metros”. Así mesmo dise que os nomes e apelidos dos asociados do Comité serán estampados na lámina de bronce que se remitirá a Baio; a placa será colocada en lugar visible.
A comezos de 1932 xa se di que contan cunha suma de 700 pesos arxentinos no Banco Español e vólvense publicar os nomes dos socios cos que conta agora o Comité, que con respecto á lista que publicamos de finais de 1930 ten as baixas de Agustín Martínez Torrado, Andrés Varela Muñiz, Santiago Fachal e Manuel Espasandín Pose; e as altas de Manuel Gómez, Evaristo Silva, Manuel Bermúdez Outeda e Mariano Pérez.

Dun busto a unha escola

Proxecto do edificio escolar Agra Regueiro 
Nos comezos de 1932 prodúcese un cambio de obxectivo no Comité. Do proxectado busto na honra do mestre pásase á construción dunha escola que leve o seu nome. Lembremos unha vez máis que a ABC estaba a construír escolas na comarca e con tal motivo Pepe Collazo escríbelle unha carta á xunta directiva da entidade corcubionesa na que trata “sobre la conveniencia de que se haga una escuela de primeras letras en el lugar de Bayo, por ser este punto el más necesitado de la comarca, y, también, por ser esta la causal que más en cuenta ha tenido siempre la Junta Directiva de la A.B.C.” (Alborada n.º 69, xaneiro-febreiro 1932). A proposta de Collazo foi adiada pola asemblea para cando lle tocase a vez ao Concello de Zas, algo que como sabemos non chegou a realidade polo levantamento militar fascista. Pero Pepe Collazo e os seus veciños non decaeron na súa tentativa e seguiron adiante co Comité e coa idea de levantar unha escola na súa vila natal para honrar a Agra Regueiro, malia que houbo un parón motivado pola situación na que se atopaba España.
Aínda así, no 4º punto da orde do día da asemblea da ABC do 26 de decembro de 1936 dise: “Informa la J. D. aceptando la propuesta del Vocal Sr. Soto Rama, consistente en cooperar con la suma de quinientas pesetas cuando el Comité Homenaje a José Agra Regueiro haya dado comienzo a la obra que dicho Comité tiene proyectada”. En 1939 dáse a noticia de que na orde do día da asemblea do 30 de decembro figura un punto 6º que é unha subvención para a Escola Agra Regueiro proposta por Pepe Collazo.
A mediados de 1940 Xosé Collazo asina en Alborada (n.º 109, xuño-agosto) a seguinte noticia:

Dentro de breves días y a solicitud de algunos socios, el “Comité Agra Regueiro” en Buenos Aires, volverá a reanudar sus actividades con los socios que deseen seguir aportando su concurso, a fin de reunir fondos suficientes para la construcción de la Casa-Escuela, que en homenaje al eminente maestro don José Agra Regueiro, se levantará en el pueblo de Bayo. A estos efectos se celebrará de inmediato una reunión general, con los socios que gusten concurrir a la misma, en la que se levantará acta, firmada por los concurrentes, del capital existente en el Banco Español del Río de la Plata, depositado por este Comité, así como de los recibos que se hallaban al cobro cuando éste dejó de funcionar, a fin del año 1936.

Mais nos seguintes anos a actividade redúcese e apenas temos máis noticia que unhas cartas que Collazo lle manda á directiva da ABC.

O impulso definitivo para construír as escolas

Roberto Veloso, outro baiés
emigrado que xuntou os cartos
entre os seus veciños
Vai ser no comezo da década dos cincuenta cando o Comité lle dea un impulso ao seu proxecto e empece a facer unha nova recadación entre os veciños de Baio na Arxentina. En varias entrevistas co baiés Roberto Veloso, naquela época emigrado en Buenos Aires, puidemos coñecer os pormenores da nova actuación: "Para a recadación de fondos para as escolas Agra Regueiro mandoume a min o señor Pepe [Collazo] porta por porta para xuntar os cartos. Case todos os xuntei eu. Así mesmo, Modesto Blanco Pose, afillado de meu pai, e mailos seus irmáns, pobres de solemnidade, e que viñeron para a Arxentina grazas a meu pai, venderon unha leiriña a monte por 12 mil pesetas e doáronas para a construción, o que posibilitou unha boa cifra". A lista destes novos doadores está composta por:

José Fachal, Alfonso Pardo Gómez, Perfecto Vázquez, Ricardo Lema, Edelmiro Graíño, Modesto Bermúdez, José Pardo Gómez, Manuel Rey Pardo, Ángel Rey Pardo, Manuel Trillo Rojo, Manuel Rojo Gómez, José Antelo, Vicente Fachal, Andrés Vázquez, José Martínez Torrado, Manuel Ameijeiras, Gumersindo Díaz, Cándido Lema, Manuel Mira Pose, Manuel Espasandín, José Reymúndez, José Collazo, Román Silvarredonda, Antonio Santos, Roberto Veloso, Eugenio Lema, José Bermúdez Martínez, Manuel Ferreira, Francisco Fernández, Manuel Valiña, Asunción Martínez, Perfecto Varela, Matilde Valiña, Alfredo Rojo Abella, Soledad Santos, Jesús Romar, Evaristo Silvarredonda, Serafín Pérez, Perfecto López, Manuel Santos Pose, José Vieytes, Manuel Rojo Canto e Julio Gómez.

Lista de doadores que figura
nun cadro na propia escola
Esta listaxe foi enviada por Pepe Collazo e José Reimúndez a Modesto Veloso en decembro de 1954 para que fose colocada nas propias escolas, e hoxe en día aínda figura no edificio co detalle dos cartos doados por cada un deles. O total destas doazóns foi de 4.580 pesos arxentinos, que ao cambio daquela época (1 peso arxentino eran 2 pesetas), deu un total de 9.160 pesetas. A estas había que sumarlles as 5.750 pesetas que se recadaran nos anos trinta, as 12 mil pesetas doadas polos irmáns Blanco Pose, e unha última achega de cadansúas 500 pesetas por parte de Francisco Rial Rego, José Abella e de Elvira, Eliseo, Lucinda e Carmen Collazo Rojo, fillos estes catro de Pepe Collazo. A suma definitiva chegou ás 30.910 pesetas.
Os cartos enviáronse a Baio a mediados de 1953 a través do empresario vimiancés Perfecto López, quen tamén doara unha cantidade para o Comité, e puxéronse “a disposición de la Comisión del Colegio que preside nuestro buen amigo Don Juan Astray Vidal, Cura Párroco de aquella parroquia de nuestro recuerdo” segundo lemos na carta enviada por Collazo e Reimúndez a Roberto Veloso en xaneiro de 1954 [gardada no Arquivo de Roberto Veloso]. Para completar o necesario para a construción da escola, cóntanos Roberto Veloso, que foi necesario vender os mellores anacos dun monte en man común da xente de Baio. A única axuda do Estado vai ser unha subvención posterior de 50.000 pesetas para libros e material escolar enviada persoalmente polo Ministro de Educación, D. Joaquín Ruíz-Giménez, amigo íntimo do arcebispo baiés, D. Maximino Romero Lema. Este, anos máis tarde, conta a sorpresa dos seus veciños diante dese regalo, e preguntáronlle qué facían cos cartos, ao que lles respondeu Don Maximino que os gastasen de inmediato (tirado de Domínguez/Lema: inédito).
Inauguración das Escolas, cos asistentes facendo o saúdo fascista
Pero o labor do Comité non parou aquí, senón que antes de que se rematase a escola, xa estaban xuntando cartos na Arxentina para novas doazóns para Baio. En xaneiro de 1954, Pepe Collazo e José Reymúndez envíanlles unha carta a todos os baieses membros do Comité de Homenaxe, na que sinalan:

Para útiles de este grupo escolar construído en el Campo de Rollo (uno de los más soberbios de la Provincia) y que a pedido de los residentes de Bayo en Buenos Aires, llevará el nombre de Don José Agra Regueiro perpetuamente, hemos remitido a Bayo y puesto a disposición de la comisión respectiva la bonita suma de 6.750 pesetas.

E non remata aquí, pois comezan agora:

Una donación para la compra de un reloj de campana, que será colocado sobre los altos del edificio escolar, cuyo toque de las horas se hará sentir en todo el pueblo de Bayo y sus alrededores. (…)
También a pedido de la comisión de Bayo, se hará firmar por todos los donantes un álbum en pergamino que será exhibido al público, presentado y publicado en el Campo del Rollo el día de la inauguración.
Asimismo se leerán allí ese día solemne los discursos que serán remitidos por el comité de Buenos Aires.
También figurarán en otro pergamino que será exhibido públicamente, los integrantes del Comité Homenaje a Don José Agra Regueiro, con una nota de los fallecidos.

Outra imaxe do día da inauguración das Escolas
Tamén se lembraron da promesa feita pola ABC e así vemos que na asemblea do 31 de xullo de 1954 hai unha notificación por parte do secretario do “Comité de Homenaje a D. José Agra Regueiro”, é dicir, Pepe Collazo, solicitando o cumprimento dunha resolución da Asemblea Xeral Ordinaria de decembro de 1936, na que se votara a axuda de 500 pesetas con destino ao devandito Comité. A ABC cumpriu coa súa palabra e doou as pesetas prometidas.
Na circular que vai ser enviada en decembro de 1954 (acompañando a lista de doadores) infórmase tamén que quen queira saber da exactitude das contas pode dirixirse a Don Juan Astray, cura de Baio, como responsable da Comisión do Colexio; e que ademais:

Hacemos público que se hallan en caja (para una segunda colecta que contribuirán los que todavía no lo hicieron) la suma de cien pesos, donación de Alfredo Caamaño. También en poder de la vieja tesorería, de la que es tesorero Manuel García Gómez, está la cantidad de diecinueve pesos.
Hacemos a la vez presente a nuestros donantes y amigos, que los gastos del pergamino, costo de los dibujos, letras, dietas de transporte, estampillas de correo, impresión de circulares, que suman arriba de setecientos pesos, fueron costeados por José Reymúndez y José Collazo Martínez.
Damos aquí también los nombres de los fallecidos que han aportado su concurso al Comité formado el año 1930. Son como siguen: Mariano Pérez, José Añón, Ramón Mato y Andrés García Rojo.

Finalmente as escolas foron inauguradas o 27 de xuño de 1954. Na súa fachada, para orgullo de todos, aparece a seguinte inscrición: “Escuelas Agra Regueiro. Costeadas por el pueblo”. Deste xeito lle relataba Modesto Veloso o acto de inauguración ao seu fillo Roberto (carta de Modesto a Roberto Veloso, con data 3·7·1954, gardada no Arquivo deste último):

Fue algo grandioso y emocionante cual corresponde a la finalidad de aquella hermosa obra, que causó la admiración de las autoridades y de la concurrencia que la presenció.
Asistieron el Señor Gobernador Civil y el Presidente de la Diputación, con otras significadas personas que desde La Coruña les acompañaron; y también las autoridades Municipales y los maestros de varias parroquias. La concurrencia de público fue también numerosísima.
Hubo discursos que pronunciaron las autoridades; y por el maestro Señor Platas se dió lectura a los de Eliseo Collazo y de José Reymúndez, que me remitió el señor Pepe, los que fueron premiados con una prolongada salva de aplausos, dándose vivas a sus autores y a los ex-alumnos de D. José Agra Regueiro residentes en esa República por sus aportaciones en beneficio de aquella obra tan meritoria en cuya fachada figura el nombre del que en vida se llamó D. José Agra Regueiro, maestro de este pueblo.

Tamén La Voz de Galicia (29·6·1954, p.5) se facía eco desta inauguración baixo o titular “El gobernador civil inauguró el domingo un magnífico grupo escolar en Bayo. Ha sido costeado por todos los vecinos, y su importe se eleva al medio millón de pesetas”:

Bayo vivió el domingo una emotiva jornada con motivo de la inauguración de un magnífico grupo escolar. Para asistir al acto se trasladaron desde La Coruña, el gobernador civil y jefe provincial del Movimiento, D. Cristóbal Graciá Martínez, y el presidente de la Diputación Provincial, D. Diego Delicado Marañón, así como numerosos invitados coruñeses, antiguos residentes en el próspero pueblo de Bayo.
Al mediodía se celebró una misa de campaña ante el grupo escolar, que fue oficiada por el cura párroco, D. Juan Astray.
Noticia de La Voz de Galicia
Poco después de las seis de la tarde hicieron su entrada en Bayo el gobernador civil de la provincia y el presidente de la Diputación, que eran esperados por el alcalde y secretario del Ayuntamiento de Zas; alcalde de Vimianzo y por el jefe comarcal de Vimianzo, así como por el maestro nacional, D. Antonio Platas; el cura párroco, señor Astray, y por numerosos convecinos, que vitorearon la llegada de las autoridades. (…)
Las citadas autoridades recorrieron los diversos departamentos de las escuelas y casa-habitación para los maestros, elogiando la obra, magníficamente lograda. Poco después, el cura párroco, D. Juan Astray, bendijo el grupo, denominado “Escuelas Populares Agra Regueiro”, y seguidamente se izó por primera vez en su fachada la bandera nacional.
A continuación hizo uso de la palabra el maestro de la localidad, D. Antonio Platas, quien pronunció unas palabras alusivas al acto que se celebraba, y dando lectura a dos escritos enviados desde la Argentina por D. José Reimúndez y D. Eliseo Collazo, rebosantes de afecto hacia su pueblo natal y dedicando cariñosos párrafos a la memoria del que fue maestro –cuyo nombre lleva hoy el grupo inaugurado- D. José Agra Regueiro. Dió lectura asimismo a una carta de doña Aurora Blanco Romero, viuda de Agra, en la que expresa su profundo agradecimiento a todos por el homenaje que se le tributa a su difunto esposo, y lamentando no poder asistir al acto por lo delicado de su salud y hacía constar que delegaba en sus hijos D. José, D. Marcial y D. Alfredo Agra Blanco presentes en el acto.
Habló luego el cura párroco, don Juan Astray, quien agradeció la presencia de las autoridades en tan emotivo acto, y a renglón seguido, un niño de Bayo dió lectura a un poema alusivo a la figura de don José Agra Regueiro.
Finalmente, el gobernador civil, Sr. Graciá Martínez, se dirigió a los presentes, en emocionadas frases exhortando a todos a que siguieran el camino emprendido en favor de la enseñanza. Dedicó frases de elogio a los niños de Bayo y a la juventud en general, de la que tanto espera la Patria. Antes de terminar dió lectura a un telegrama del Ministerio de Educación concediendo 50.000 pesetas para material escolar.
El grupo escolar de Bayo “Agra Regueiro” consta de dos aulas, con capacidad para más de cincuenta alumnos cada una; casa-habitación para los maestros, dotadas con todas las comodidades. El importe total de la obra ha sido de más de medio millón de pesetas y fue costeada por el vecindario de Bayo y por algunos residentes en América.
Motivó la construcción de grupo recién inaugurado, la clausura de la escuela de niños por falta de local. Los vecinos de Bayo acordaron formar una Comisión, integrada por el párroco, señor Astray; D. Antonio Platas, D. Alfredo Agra, D. Braulio Astray y don Ramón Reimúndez, que llevaron a feliz término las obras.
Todos los vecinos colaboraron activamente, en la medida de sus posibilidades, para la consecución de la obra. Merecen, sin embargo, especial mención, los residentes en América, D. Eliseo, Elvira, Lucinda y Carmen Collazo, D. José Avella, D. Francisco Rial Rego, el “Comité Agra”, los hermanos Modesto, Manuel, Gumersinda y Encarnación Blanco; la Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña; el Ayuntamiento de Zas, y don Jesús Corval, juez comarcal del partido judicial.

Vista de Baio desde o Campo da Feira sobre 1965.
As Escolas Agra Regueiro presiden a paisaxe baiesa.
As Escolas Agra Regueiro prestaron o seu servizo ata os anos noventa do pasado século, pois aínda que en 1972 se inaugurou o centro escolar “Labarta Pose”, a falta de espazo nel fixo que se usasen as “escolas vellas”, como pasaron a ser coñecidas, durante varios anos máis. Hoxe en día, as escolas “Agra Regueiro” son propiedade da Asociación de Veciños Tabeirón. No ano 1995 fíxose un proxecto para a instalación do reloxo de campá que anunciaran os nosos emigrados, e que agora sufragaba por completo Roberto Veloso (falaba dunha cifra próxima ao millón de pesetas). Habería que agardar a 2012, xa morto o propio Roberto, para a súa colocación; e no 2018 foi retirado da fachada o escudo franquista que se viran obrigados a colocar os baieses, para desgusto dos seus veciños na América. Actualmente o edificio alberga o centro de saúde e a Biblioteca “Roberto Veloso - Carmen Balboa”, doada polo matrimonio á Asociación de Veciños, e que conta con importante material da nosa emigración na Arxentina.

Bibliografía:

- DOMÍNGUEZ RIAL, Evaristo / LEMA SUÁREZ, Xosé Mª: O Concello de Zas, na Terra de Soneira, inédito.
- REI LEMA, Xosé Mª: Pepe Collazo. Obra poética; inédito.
- __________ (2018): Perfecto López, un vimiancés na Galiza ideal; Vigo: Galaxia.
- ROMERO LEMA, Francisco (1970): Bayo en el siglo XX; inédito.

27 de marzo de 2019

Para unha historia da ABC de Corcubión (IV). Meu dito, meu feito: a ABC constrúe catro escolas


Cando en 1923 os dirixentes da “Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión” (posteriormente mudado o nome en “Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión”) redactaban os seus estatutos deixaban moi claros os seus fins. Así, no artigo 2º figuraban as súas intencións de:

a) Propender por todos los medios al mejoramiento agrario de aquella parte de Galicia.
b) Procurar asimismo la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquello que esté comprendido en el orden cultural.

Xa que logo, a asociación nacía cunha clara intención de converterse nunha sociedade agraria e de instrución. Foi a súa principal actuación no primeiro campo a creación dunha Granxa-Escola Agrícola, aínda que, como vimos noutro artigo, tivo pouco futuro. No plano educativo os seus primeiros esforzos foron os de premiar os mellores alumnos de cada escola, así como os mellores mestres, do partido xudicial corcubionés.
Dúas imaxes da construción
da Escola de Nemiña (Muxía)
Outra actuación posterior foi a de colocar nas portas das igrexas e das casas do concello de todo o partido xudicial unha chapa coa seguinte lenda: “El saber leer, escribir y contar, abre las puertas del éxito. Si usted no tiene esos conocimientos, no debe emigrar” (Correo de Galicia nº 1164, Bs. As., 13 de maio de 1928, p. 16. Núñez Seixas [2001: 13] sinala que esta iniciativa “non só trataba de procurar o ben dos emigrantes, senón tamén de evitar que a colectividade se vise desprestixiada pola imaxe ofrecida por analfabetos acabados de chegar que non saberían expresarse con corrección en idioma español”). Este feito provocou a queixa de Xervasio Paz Lestón (“Al margen de una iniciativa”, Correo de Galicia nº 1167, Bs. As., 3 de xuño de 1928, p. 16), secretario da S. A. y C. Hijos de Muxía, que criticou que a ABC, co capital económico que manexaba neste momento, non fixese máis por solucionar o problema da educación, pois podía dotar as escolas existentes do material necesario e mesmo imitar outras sociedades que estaban a construír novas escolas. Non tardaría a ABC en levar a cabo proxectos de maior calado educativo.
Escola de Pasarela en 1932
e na actualidade -coa nova
altura de 1956 e a reforma
do presente século-
Sin cacareos ni alharacas. Aunque de modesta esfera, contribuiremos a desterrar el analfabetismo en nuestra comarca”. Deste xeito titulaba Díaz Novo o seu editorial de Alborada (nº 43, Bs. As., febreiro de 1929), dando conta da resolución da asemblea do día 2 de febreiro de 1929, na que se aprobou o “importantísimo proyecto de la creación de centros escolares en todos los ayuntamientos que componen el distrito judicial de Corcubión”. Sobre estes centros sinala Díaz Novo: ”No entra en las pretensiones nuestras, el boato, ni la fastuosidad del edificio grandioso, que ha de ser pasmo de la admiración de propios y extraños, ni queremos que los nuestros admitan en cuanto a su magnificencia el parangón con los centros similares creados por el esfuerzo de otros hermanos de América”.
Nesa concorrida asemblea, na que tivo protagonismo destacado o baiés Pepe Collazo na súa calidade de secretario, aprobouse por maioría a seguinte proposta:
La creación de dichos centros escolares de instrucción primaria, de inmediato y a medida que lo permitan los fondos sociales de la A.B.C., con las viviendas respectivas para los maestros encargados de la enseñanza, debiendo ser, unas y otras, de construcción sencilla, las que serán de propiedad exclusiva de esta Asociación. Para todo lo que corresponde a llevar a la práctica la ejecución y la forma de estos edificios, así como de las gestiones que han de iniciarse al respecto, la Asamblea otorga a la Junta Directiva, un voto amplio y de confianza.
Habiéndose aprobado también por mayoría, el sorteo de las mismas, se verifica este con el siguiente resultado: 1ª, Mugía; 2ª, Vimianzo; 3ª, Finisterre; 4ª, Cee; 5ª, Dumbría; 6ª, Zas; 7ª, Corcubión; 8ª, Camariñas y 9ª, Buenos Aires.
Seguidamente, se aprueban por aclamación, los nombres que, conjuntamente con el de la A.B.C. han de llevar las tres primeras escuelas sorteadas, que son los siguientes: “Manuel Areas Blanco”, “Enrique Labarta Pose” y “Juan Díaz Fernández”.

Escola de Suarriba (Sardiñeiro) en
construción e en funcionamento
Seguindo a Díaz Novo, vemos que a situación das escolas non terá lugar na capital municipal, senón noutros “lugares más apartados, que por ende son los más necesitados y por consiguiente, los que más derecho tienen a nuestra atención (…) para que comprenda el mayor número posible de futuros educandos”. Xa que logo, os tres lugares escollidos para as tres primeiras escolas van ser Nemiña en Muxía, Pasarela en Vimianzo e Suarriba en Fisterra, e os nomes elixidos para bautizalas tiñan a súa razón de ser: Manuel Areas Blanco, natural de Lires (Cee), foi un dos fundadores da ABC, ademais do seu presidente en 1924 e en 1928, ano no que morreu; Enrique Labarta Pose, coñecido escritor baiés, fora xa motivo de varias homenaxes pola asociación; e Juan Díaz Fernández, natural de Betanzos, foi mestre de Corcubión durante máis de trinta anos e a maiores vai ser o apoderado da ABC en Galicia para a construción destas escolas.
Dúas imaxes da Escola de Estorde
Pouco tempo despois, o tesoureiro da entidade, Marcial González, propón a inmediata construción da cuarta escola no concello de Cee, para a cal doaría mil pesos e toda a madeira necesaria se se fai no lugar de Estorde. A súa proposta non só foi aprobada pola xunta directiva, senón que se decide que leve o nome de tan benemérito veciño. Aínda así, a elección de Estorde creou un conflito co concello ceense, que prefería facela noutro sitio. Neste momento había no concello seis escolas, nos lugares de Cee, A Ameixenda, Brens, Lires, A Pereiriña e Toba. Segundo a proposta do concello os de Estorde tiñan facilidade para se desprazaren a Toba, e incluso a Corcubión ou a Sardiñeiro; en cambio os lugares de Sembra e A Carbaliza (da parroquia de Toba) e Tedín (da de Lires) deberían contar cun centro escolar pois a súa distancia con calquera das escolas existentes era moita [Cfr. Actas das sesións do 5 e do 29 de agosto de 1929 da “Junta Local de 1ª Enseñanza de Cee” no web do colexio Eugenio López]. Neste caso, como a bo seguro que sucedeu nos outros, a presenza e a presión de destacados emigrantes dos lugares escollidos influíu moito na situación final da escola.
No mes de setembro xa dan comezo as obras das catro escolas, segundo se nos informa en Alborada (nº 51, Bs. As., outubro de 1929) logo de que o Gobernador da Provincia aprobase a súa construción. Como mostra ofrecemos aquí un extracto da solicitude dos veciños de Pasarela ao Gobernador provincial:

Los que suscriben, vecinos y residentes en los lugares de Pasarela, Magro, Penedo, Gándara de Lamas, Fojo, Castro-Buján, pertenecientes todos ellos a la parroquia de Calo, término municipal de Vimianzo, a V.E. con el debido respeto exponen:
Que todos estos lugares, con el de Calo, contaban con una población de setecientos ochenta y dos habitantes, según el censo de 1920, vigente. (…)
Que la actual situación política, echando por tierra la nefanda apatía en pro de la sagrada misión de la enseñanza, a instancias del Ayuntamiento concedió una escuela para el lugar de Pasarela, que es el mayor de la parroquia; pero los que suscriben dudan de su veracidad, por cuanto desde aquella fecha no se volvió a saber nada sobre el particular.
Que enterados de nuestra triste situación los que componen la Asociación Benéfica Cultural del partido de Corcubión en la Argentina, dieron orden a su representante para que, de común acuerdo con el municipio y contando con nuestra cooperación y aportamiento, se construya un edificio que reuna todas las condiciones pedagógicas e higiénicas para Escuela y otro contiguo, capaz y decente, para vivienda del maestro.
Por todas estas razones expuestas a V.E. humildemente suplican que, (…) haciendo presente al Excmo. señor Ministro de Instrucción Pública nuestras tristes y justas lamentaciones, para que nos conceda la creación de una escuela mixta servida por maestra o maestro, para el lugar de Pasarela, parroquia de Calo, en este Ayuntamiento de Vimianzo.
Pasarela (Vimianzo), 31 de Agosto de 1929.
(Firman la instancia 25 vecinos y se adhieren 62, que no sabían firmar, lo que arroja la suma de 87 cabezas de familia).

As escolas tiñan un modelo
único como vemos nas fotos
de Pasarela e de Suarriba
Para a construción das escolas seguiuse un modelo único, segundo datos tirados de García (2001: 744), polo que os edificios tiñan que ser de planta baixa rectangular (16 m. de longo, 9’5 m. de ancho e 1’7 m. de alto), tellado a dúas augas, unha gran sala para impartir clase duns 150 m2, con seis grandes ventás. Adxacente á aula estaba a vivenda do mestre, que contaba con cociña, baño, adega e un cuarto. Contaban ademais cun pequeno campo para recreo dos alumnos. A fachada carecía de toda decoración a non ser a placa de mármore na que aparecía o nome da escola e o seu número e mais o nome da institución benfeitora (a escola de Pasarela diferenciarase das demais porque no seu frontispicio vai levar un reloxo doado polos veciños deste lugar emigrados en Buenos Aires). No mes de novembro (Alborada nº 52) informan das dificultades na construción das escolas, sobre todo nas de Suarriba e de Nemiña, pois teñen que ir buscar a pedra a sitios afastados (en concreto, ao Petón do Rocín e a Touriñán, respectivamente), tarefa na que en carro invisten un día. Con todo, anuncian o inminente funcionamento da de Suarriba, que xa conta con todo o material necesario sufragado polo concello fisterrán. Neste mesmo número fálase da posibilidade de deixar o nome de Labarta Pose, destinado á escola de Pasarela, para cando se constrúa a escola no concello de Zas, concretamente “en los alrededores de Bayo”. A Xunta Directiva non aprobou esta petición e mantén o nome do poeta baiés para a escola de Pasarela. A mediados de 1930 xa estaban as catro construídas e inician os trámites para dotalas de mestres.
Coa chegada da II República a situación da educación mellorou considerablemente. Isto afectoulles ás escolas da ABC, que, de acordo coas autoridades vixentes, deciden dar en usufruto as escolas aos propios concellos, aínda que debían cumprir unha serie de requisitos, como a conservación dos edificios, non dedicalas a outros fins que os educativos, e a imposibilidade de vendelas. De non cumprir calquera deles, os concellos deberán renunciar aos seus dereitos sobre elas (Alborada nº 67, Bs. As., outubro de 1931). A entrega en usufruto aos concellos tivo lugar a comezos do ano 1932.
A idea era seguir buscando fondos para completar a construción dunha escola en cada concello, pero a situación vaise torcer. Nas negociacións para a fusión entre a ABC de Corcubión e a SAyC de Muxía, os muxiáns presentan unhas bases nas que figura un punto 6º no que se di: “Mantenimiento de los propósitos de realizar obra cultural y benéfica en la comarca corcubionesa, pero más adelante, cuando allá surja una generación menos egoísta y menos refractaria a las iniciativas de interés colectivo o general” (Galicia -da FSG- nº 446, Bs. As., 15 de decembro de 1935, p. 8.). A resposta dos corcubioneses non deixa lugar ás dúbidas, pois séntense “desmoralizados por la falta de cooperación de las personas residentes en el partido. Manifestaron que, a pesar de haber construido cuatro locales que están funcionando como escuelas, no han conseguido tener cuatro socios cotizantes y menos constituir la ‘asamblea de delegados’ que establece el capítulo único de los Estatutos, por lo cual la A. B. C. tuvo que otorgar poder a una sola persona para que vigile por los intereses sociales! (¡Un solo representante en un Partido de cuarenta mil almas!)” (Galicia -da FSG- nº 448, Bs. As., 29 de decembro de 1935, p. 2). Ese representante era o mestre Juan Díaz Fernández. O malestar era evidente.
Os catro protagonistas que
deron nome ás escolas da ABC:
Manuel Areas Blanco, Enrique
Labarta Pose, Juan Díaz Fer-
nández e Marcial González
A fusión das dúas sociedades aínda tardaría en concretarse e cando o fixo tres anos despois, rexistran no acordo definitivo: “Una vez consolidada la obra social en este país, la Asociación proseguirá las mismas en la comarca, llevando a cabo la construcción de las escuelas proyectadas, siempre que así los resuelvan las asambleas” (Galicia -da FSG- nº 570, Bs. As., 15 de maio de 1938, p. 3). Pero o triunfo franquista na guerra civil puxo fin a este proxecto de escolarizar todos os concellos deste partido xudicial, polo que catro deles quedaron sen as escolas dos emigrantes. E non só iso, senón que as novas autoridades militares españolas apropiáronse dos edificios que construíran estas sociedades de emigrantes, sen que estes puidesen facer nada por evitalo. Acabáronse as axudas desde a emigración para a mellora educativa dos nosos lugares, pois o goberno franquista ocupou os edificios, pero non foi para dotalos de melloras. Os catro edificios correron distinta sorte; pois así mentres a mediados da década de 1950 os veciños de Nemiña escríbenlle á directiva da ABC que interceda ante o goberno español debido ao estado ruinoso no que se atopa o centro escolar, en Pasarela os propios veciños déronlle unha altura máis ao edificio para convertelo nunha escola de nenos e nenas con vivenda para os respectivos mestres (cfr. Vázquez Canosa, 2010: 70-72). E é que ante o desleixo gobernativo, eran os veciños os que tiñan que tomar a iniciativa pola súa conta, como foi o caso de Baio, no que os emigrantes en Buenos Aires, comandados por Pepe Collazo -destacado directivo da ABC cando a construción das súas escolas-, xuntan cartos para a construción na súa vila do que van ser as Escolas Agra Regueiro, na que podería ser a “quinta” escola da ABC, pero que presenta outros condicionantes e outras características, como veremos noutro artigo.

Bibliografía:

- GARCÍA DOMÍNGUEZ, Mª Teresa (2001): “O labor dos emigrantes galegos no eido educativo: o exemplo do Partido Xudicial de Corcubión”, Entre nós. Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo; Santiago de Compostela: Universidade; pp. 729-747.
- LAMELA GARCÍA, Luis V. (1990): “Las escuelas de los emigrantes (I, II y III)”, El Ideal Gallego, Ideal Ocio, 18 e 25 de febreiro e 4 de marzo: pp. 6-7, 14-15, e 6-7.
- NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel (2001): “Reinventando os galegos: a imaxe do bo emigrante na elite galaica da Arxentina, 1900-1930”, Dez-Eme nº 4, Santiago de Compostela, decembro; pp. 7-21.
- PAZ RODRÍGUEZ, José (2007): “As Escolas de Emigrantes da Costa da Morte criadas pola ABC do Partido Judicial de Corcubiom”, Agália nº 91-92, A Coruña, 2ª semestre; pp. 105-121.
- PEÑA SAAVEDRA, Vicente (1995): “Os centros educativos dos emigrantes. Panorámica galega e concreción na Costa da Morte”, Educación e patrimonio. A herdanza dunha fundación; Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Fundación F. Blanco de Lema; pp. 35-37.
- REI LEMA, Xosé Mª (2005): “As escolas dos emigrantes”, La Voz de Galicia, Carballo, 4 de novembro; p. 14.
- VÁZQUEZ CANOSA, Mª del Carmen (2010): As vellas escolas de Vimianzo; autoedición.
- Prensa da emigración en Buenos Aires: Alborada, Boletín de la S.C.yA. del Distrito de Mugía, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas.